Onte déronse a coñecer os proxectos gañadores da XXI Edición dos Premios do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Entre os galardóns figura unha ampla presenza de profesorado da ETSAC, como Carlos Quintáns Eiras, Zaida García Requejo, Juan Creus Andrade, Alberto Redondo Porto e docentes xubilados como Iago Seara Morales e José González-Cebrián Tello. Alberto Noguerol del Río, que tamén foi profesor da Escola, obtivo o recoñecemento especial a toda a traxectoria profesional a título póstumo.
A arquitecta formada na ETSAC Laura Pena Cristóbal obtivo o Premio Fin de Carreira polo seu traballo Fin de Máster. Noutras propostas galordoadas tamén aparecen arquitectos e arquitectas que estudaron na ETSAC.