Desde o luns 7 de abril ata o venres 11 de abril, a Escola acolle o XII Joint Graduate Design Project do curso 2024-2025.
Esta actividade é froito dun convenio da Escola coas universidades chinesas de Harbin Institute of Technology (HIT) e Inner Mongolia University of Technology (IMUTSoA). Esta é a doceava vez que se celebra e conta con varias actividades académicas que se desenvolverán na Escola e visitas ás cidades de Santiago de Compostela e A Coruña, así como da área obxeto de traballo académico.