Xornada “La reutilización del patrimonio eclesial redundante” en San Martín Pinario

O 25 de abril, de 9 a 14 horas, terá lugar na hospedería do mosteiro de San Martín Pinario (Praza da Inmaculada 5, Santiago de Compostela) a xornada “La reutilización del patrimonio eclesial redundante”. Coordinada polo profesor da ETSAC Esteban Fernández-Cobián, contará coa participación de expertos a nivel internacional como Andrea Longhi, Luigi Bartolomei e Albert Gerhards. A xornada completarase pola tarde cunha visita guiada polo mosteiro de San Martín Pinario e convento de San Francisco.

A inscripción debe facerse no teléfono 981584562 ou no correo electrónico jornadaarzobispadodesantiago@teofilocomunicacion.com

Descargar programa