
A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha nova edición do ciclo Museos de Cine, que pretende descubrirnos as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para que así, transportados pola mirada do autor, podamos coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/ou pequenas institucións culturais.