Encontro co arquitecto e fotógrafo Jesús Granada na Delegación de Lugo do COAG

A Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Rúa Puro Cora Xornalista, 1) ten o pracer de recibiro martes 8 de abril, ás 19.30 horas, o arquitecto e fotógrafo Jesús Granada, colaborador da revista El Croquis, nunha charla onde exploraremos a relación entre arquitectura e fotografía.

Ao rematar, ofreceranse uns petiscos e refrescos.

As prazas son limitadas. Precísase preinscrición para previsión de aforo, antes do 4 de abril, neste enlace.