Arte e a arquitectura. Intervencións no espazo e na paisaxe

Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida.

Busca ser un punto de encontro e reflexión no que podan estar presentes todas aquelas persoas e institucións e colectivos que teñan algo que decir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país.

Xentes dos campos da arquitectura, urbanismo, xeografía, arte, socioloxía, xornalismo, escrita, docencia, dos colectivos cidadáns… son convidadas a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción co medio natural e construído, e como xorden e se modifican os espazos que habitamos ao longo do tempo.

O que nos reune nestas xornadas é o interese compartido nos temas que afectan á colectividade maís aló de compromisos profesionais específicos, tendo as intervencións un carácter marcadamente divulgador e coloquial.

O programa desta edición incide en temas como os novos retos das cidades e vilas intermedias, o actual papel das aldeas na nosa organización social e territorial e as necesidades da vivienda contemporánea.

A próxima sesión terá lugar na Coruña, o xoves 27 de marzo, ás 17 horas, na Fundación Luis Seoane, co título Arte e a arquitectura. Intervencións no espazo e na paisaxe e co programa seguinte:

  • Moderadora:
    • Marisa Sobrino (Profesora da Universidade de Santiago de Compostela)
  • Poñentes:
    • Monica Alonso (Artista e membro da RAG)
    • Fernando Blanco Guerra (Arquitecto, artista multimedia e profesor xubilado da ETSAC)

Máis información