Encontro de directores/as de Departamentos de Proxectos Arquitectónicos

A ETSAC acolleu os días 21 e 22 de marzo un encontro de carácter anual que reuniu directores/as dos Departamentos de Proxectos Arquitectónicos das 14 Escolas de Arquitectura das universidades públicas españolas.

O encontro contou coa participación de 15 responsables académicos, entre directores/as de departamento e coordinadores/as de área, aos que se sumaron 4 participantes en liña a través de Teams. Durante dúas intensas xornadas, abordáronse cuestións clave para o presente e o futuro da docencia e da investigación no ámbito do proxecto arquitectónico.

O programa incluíu relatorios sobre a avaliación da investigación por parte da ANECA, a situación do profesorado asociado coa nova LOSU, a mobilidade do alumnado no Máster Habilitante en Arquitectura, así como propostas para a creación dunha revista científica especializada. Tamén se debateu a valoración do proxecto arquitectónico nos concursos públicos, e sentáronse as bases para a constitución da Conferencia de directores/as de Departamentos de Proxectos como órgano de representación institucional.

Máis información