Presentación do festival de arquitectura efémera “Atmósferas”

A arquitectura efémera é unha tipoloxía que adoita asociarse aos eventos puntuais, pero tamén é un elemento capaz de crear atmósferas e experimentar co espazo para producir novas formas de comprendelo. En España, a arquitectura efémera comeza a manifestarse con maior intensidade nos últimos anos, con iniciativas como o Festival Concéntrico, o Festival TAC! ou Lluèrnia.

En Galicia, con todo, a implantación deste tipo de eventos non é aínda moi común. Atmósferas é un festival de arquitecturas efémeras composto por un conxunto de propostas abertas ao público, que permitan comprender a cidade e nas que se poderán realizar accións ao dispor dos seus habitantes. Esta proposta busca promover a importancia da arquitectura como ben de interese xeral e sensibilizar acerca da incidencia da arquitectura na vida cotiá das persoas.

A presentación do festival Atmósferas, por parte de Nuria Prieto, terá lugar o vindeiro mércores, 26 de marzo, ás 13 horas no salón de actos da Escola.

«Yo salvaría el aire. Y más concretamente, el aire que encierra Velázquez en Las Meninas, que es el aire más transparente y de mejor calidad que existe». —Salvador Dalí, en resposta ao ser preguntado: Que salvaría do Museo del Prado se este se incendiara?