O xornal La Voz de Galicia publicou onte dúas entrevistas a arquitectas formadas na Escola. A edición de Carballo publicou a entrevista a Nerea López Bolón, con motivo do seu Traballo Fin de Grao sobre a arquitectura dos Centros Maggie, titorizado por Mónica Mesejo. A edición da Coruña recolle a entrevista a Laura Pato, sobre os vídeos que publica na rede social Instagram como Le Petit Patito sobre a crítica realidade do mercado inmobiliario.
Fotografías de Ana García e Eduardo Pérez.