O Marzo Ambiental 2025 é un ciclo de actividades diversas que constitúe unha peza clave de educación para a sustentabilidade na UDC.
Está organizado pola Oficina de Sustentabilidade e os Comités Green Campus da UDC, e conta tanto con actividades teóricas (palestras, mesas redondas) como prácticas (obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental), achegando unha perspectiva ampla á realidade climática e de sustentabilidade actual.
Entre as actividades previstas está a palestra “Saúde e benestar no interior de edificios, certificado WELL”, impartida por Rosalidia Álvarez, de Centro tecnolóxico ITG, que terá lugar no salón de actos da ETSAC o 20 de marzo.