O próximo mércores, 26 de febreiro, dentro do Espazo ETSAC, terá lugar a conferencia de Henrique Seoane Prado titulada «Plans e proxectos na urbanidade contemporánea». A continuación terá lugar a presentación, por parte de Xosé Manuel Rosales, de PRINCIPIA, rexistro audiovisual dunha significativa mostra do profesorado que contribuíu de modo decisivo a poñer en marcha a ETSAC, coa asistencia da maioría dos seus protagonistas.
Será no salón de actos da Escola, ás 13 horas.