Dentro do marco da exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”, no Museo de Belas Artes da Coruña, os comisarios organizan unha visita guiada para o alumnado e o profesorado da ETSAC o vindeiro venres, 14 de febreiro, ás 12 horas, que servirá para coñecer mellor a figura e a obra de 23 arquitectos académicos da Real Academia Galega de Belas Artes, que coas súas creacións modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos.
Visita guiada a exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”
Publicado en: principal
– 13 Febreiro, 2025