Presentación do catálogo “Arquitecturas que falan do seu tempo”

O vindeiro mércores, 5 de febreiro, ás 19 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña terá lugar a presentación do catálogo da exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”. Asistirá o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, os comisarios da exposición, os autores dos textos e académicos da Real Academia Galega de Belas Artes.