Desde o 22 de xaneiro e até o 19 de febreiro, está aberto o prazo para que o alumnado e o profesorado cubran as enquisas de avaliación da actividade docente (Avaliemos), correspondentes ao primeiro cuadrimestre do curso 2024/25.
A participación do alumnado nas enquisas é crucial para mellorar a calidade da actividade docente, ademais de proporcionar as evidencias necesarias para os procesos de avaliación do profesorado, como por exemplo, DOCENTIA. Para fomentar a participación, neste curso continuarase coa iniciativa de doar ao proxecto ABRIGA unha cantidade máxima de 6.000 € por cuadrimestre en función da porcentaxe de respostas do alumnado. Así pois, canta maior sexa a participación do alumnado, máis xenerosa será a contribución económica que a UDC destine a este proxecto.
Máis información e acceso ás enquisas