Profesorado da ETSAC galardoado nos Premios Gran de Area 2024

Juan Prieto López (con Faustino Patiño Cambeiro) pola vivenda unifamiliar en Valadares (Vigo) e Alfonso Penela, antigo docente da nosa Escola, por Catro Cabanas en Marín, resultaron galardoados nos Premios «Gran de Area de aportación a Arquitectura», unha aposta do Colexio de Arquitectos de Galicia nas provincias de Pontevedra e Ourense, para o recoñecemento do traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construtores e demais colaboradores necesarios, nas obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Máis información