Os días 24, 25 e 26 de setembro de 2025 terá lugar en Granada o Congreso LIGNOMAD 25.
O obxectivo deste evento é o impulso da madeira e outros materiais lignocelulósicos no sector da construción. LIGNOMAD é un foro para dar a coñecer o traballo desenvolvido polos membros da rede e colaboradores da rede, e á súa vez, servir de espazo de participación para todos os profesionais, técnicos, empresarios, fabricantes, estudantes e demais interesados no sector da construción con madeira.
O evento contará con dous días completos de relatorios científico-técnicos (24 e 25) e un día completo de visita técnica a diferentes lugares relacionados coa construción con madeira nas provincias de Granada e Málaga.
As edicións anteriores celebráronse en Barcelona (2017) e Santiago de Compostela (2019).