Defensa de tese de doutoramento de José Francisco Vaamonde Longueira

O venres 17 de xaneiro, ás 11 horas, no Salón de Graos da Escola (Edificio de Departamentos), terá lugar a lectura e defensa pública da tese de doutoramento “As estradas paisaxísticas como elementos dinamizadores do territorio. Unha oportunidade para o turismo de Galicia”, presentada por José Francisco Vaamonde Longueira e dirixida por Carlos Nárdiz Ortiz e Jesús Conde García.