Visita guiada e conferencias da exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”

A vindeira semana, no Museo de Belas Artes da Coruña, realizaranse un conxunto de actividades vencelladas á exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”. O martes 21 de xaneiro, ás 19 horas, terá lugar unha visita guiada á exposición para colexiados do COAG comentada polos comisarios Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier. O xoves 23 de xaneiro, ás 19 horas, terá lugar a conferencia “Modernidade na Academia: das primeiras arquitecturas racionalistas ata hoxe” impartida por Luz Paz Agras, e o venres 24 de xaneiro, ás 19 horas, terá lugar a conferencia “Maestros en el arte de construir: la fortuna de un legado”, impartida por Jesús Ángel Sánchez García.