O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, un novo Faladoiro sobre madeira, co gallo de compartir experiencias sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o crecente interese pola construción en madeira.
Estes Faladoiros tratan de emular ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela, fomentando un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.
Con este obxectivo, o mércores, 29 de xaneiro, na Casa do Taberneiro (Rúa de San Pedro, 15, Santiago de Compostela), ás 18:00 horas, Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, Abalo Alonso Arquitectos, compartirán as solucións empregadas e os retos que superaron en diferentes intervencións onde a madeira ten un protagonismo destacado.
Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción en madeira como a necesidade de formación, as novas tendencias en madeira, retos aos que se enfronta a arquitectura, etc. A finalidade destes encontros é compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.