Curso ArchiCAD: Modelado e representación arquitectónica

Do 6 de febreiro ó 9 de maio, a empresa Imasgal imparte na ETSAC o curso ArchiCAD: Modelado e representación arquitectónica.

Este curso está deseñado para estudantes de Arquitectura a partir de 2º curso que desexen atopar unha ferramenta que lles permita aplicar os seus coñecementos utilizando sistemas construtivos reais nunha contorna única e organizada para cada un dos seus proxectos, permitíndolle así aforrar moitas horas de traballo.

Dossier do curso