Estudantes da ETSAC obteñen un accésit no concurso Arte Público da Fundación EDP

Adrián Pose e Mercedes González, arquitectos titulados na ETSAC e estudantes de doutoramento, obtiveron un accésit no Concurso Arte Público na edición de 2024 co seu proxecto “Charnela”. Trátase dun concurso organizado pola Fundación EDP en colaboración co Concello de Puente Viesgo e a Comunidade de Cantabria, destinado a estudantes ou recén titulados de toda España.

O obxectivo do concurso era a proposta para un Centro Cultural no conxunto da finca do palacio dos Bustillo e Ceballos, que de servizo ao barrio do Acebal no que se empraza o inmoble, e ao municipio de Puente Viesgo no seu conxunto. Preténdese un espazo singular e de referencia, capaz de ser un polo de atracción de visitantes e ao mesmo tempo dotar dunha infraestrutura, accesible, integrada e permeable ao espazo público lindeiro, para o seu uso público polos veciños e veciñas do municipio. Dar unha nova vida ao Palacio, a través da súa rehabilitación cos límites e condicións establecidas.

Foron presentadas un total de 21 propostas, de 12 universidades diferentes e máis de 50 alumnos. O xurado estaba conformado por Sonia Puente Landazuri, Jaime Roberto Xordo González, Fátima Sánchez, José Mª Ezquiaga, Roberto Ontañón Peredo e Teresa Táboas Veleiro. Das 21 propostas escolléronse 3 para chegar á fase final: “Erre de muro”, das Universidades Politécnicas de Madrid e Sevilla, “Mural” da Universidade Politécnica de Barcelona e “Charnela” da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. O primeiro premio foi outorgado á “Erre de muro” e “Charnela” e “Mural” acadaron os dous accesits.

Máis información