O vindeiro xoves, 12 de decembro, ás 19 horas, o arquitecto lucense Alberto Rodríguez Arias presentará na Delegación de Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Rúa Pura Cora Xornalistas, 1) un libro sobre a historia arquitectónica das gasolineiras en España. A publicación mostra o papel que as estacións de servizos tiveron nas vangardas arquitectónicas da posguerra e recolle un decálogo cos principais edificios, ademais de reivindicar a súa protección.
A introducción será a cargo de Santiago Catalán, arquitecto. A continuación o autor realizará a presentación e pecharemos a xornada co coloquio entre este e o profesor da ETSAC Antonio Amado, prologuista do libro.
O libro tamén terá as seguintes presentacións:
Sábado 14 de decembro, ás 13 horas no MAHI – Museo de Automoción e Historia, Arteixo
Luns, 16 de decembro, ás 13 horas, na Biblioteca da ETSAC
Sábado, 11 de xaneiro, ás 12.30 horas, na Librería La Fábrica en Madrid (Rúa Verónica, 13)