O vindeiro martes, 3 de decembro, ás 19 horas, no Salón de Actos de Autoridade Portuaria (Avenida da Marina), presentarase a publicación Autoridad Portuaria de A Coruña, historia de un edificio (Cuadernos del Puerto de A Coruña nº 7), elaborada polo profesor da Escola Óscar Pedrós Fernández xunto á Roberto Costas Pérez (Costas + Pedrós).
No caderno explícase a construción da sede da Autoridade Portuaria no seu contexto histórico, analizando a transformación urbana da Marina, e as súas similitudes e diferenzas con outros edificios institucionais construídos a mediados do século XX, especialmente aqueles que tamén estaban destinados a ser a sede da Xunta de Obras do Porto doutras localidades españolas.
Na presentación intervirán os autores e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado. A entrada é libre e todos os asistentes serán obsequiados cun exemplar.