Homenaxe a Andrés Fernández-Albalat Lois na Delegación da Coruña do COAG

O mércores 4 de decembro, ás 18:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar un acto de homenaxe ao arquitecto e profesor da ETSAC Andrés Fernández-Albalat Lois (1924-2019) co gallo do centenario do seu nacemento.

Neste acto, froito da iniciativa da Real Academia Galega, e que vén celebrar a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura galega, participarán:

  • Víctor Fernández Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.
  • Charo Fernández-Albalat Ruíz, Xefa do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e filla do homenaxeado.
  • Andrés Fernández-Albalat Ruíz, Profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC e fillo do homenaxeado.
  • César Portela Jardón, exprofesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC.
  • Cristóbal Crespo González, Director no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC.
  • Myriam Soto Goluboff, exprofesora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da UDC.
  • Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Andrés Fernández-Albalat Lois

Máis información