O mércores 27 de novembro, ás 11 horas, a materia Proxectos 2 organiza o parlamento “…non hai silencio… artes e políticas do movemento”, aberto á toda a Escola.
O parlamento tratará das distintas investigacións no eido da arte, a ciencia e a filosofía do movemento que conforman o proceso de traballo do coreógrafo galego Javier Martín. A intención é comunicar diversos mapas físicos e conceptuais acerca do corpo que, extraídos da práctica, relaciónanse co performativo, a creación e a memoria.
Completarase cunha sesión práctica o venres 29 novembro, ás 12 horas, en Normal Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña.