Xornada “Especies de espazos” con Carme Nogueira, Laura Pato e Fernando Agrasar

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Xunta de Galicia celebrarán mañá en Pontevedra a xornada “Especies de espazos” para reflexionar sobre as vivendas, edificios e espazos públicos das vilas e cidades e a súa adecuación ás circunstancias culturais, sociais e económicas da actualidade.

O debate, moderado polo arquitecto e profesor da ETSAC Fernando Agrasar, contará coa participación da artista Carmen
Nogueira e da arquitecta e deseñadora Laura Pato. Terá lugar no edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal ás 17 horas.

Esta actividade divulgativa forma parte do programa “Xentes, Espazos e Lugares” do ProxectoTerra.

Máis información