O vindeiro día 21 de novembro, ás 19.15 horas, finaliza a 1ª edición do Ciclo de conferencias EMER_GENTES, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Este ciclo de conferencias serve para compartir o traballo que están a realizar os arquitectos novos, analizando tanto proxectos xa realizados como aqueles que se atopan en proceso de deseño.
A conferencia levarase a cabo na Sala de Exposicións da Delegación (Avenida de Esteiro 129, baixo).
Nesta segunda e derradeira conferencia contaremos coa intervención dos nosos compañeiros de Estudio Barboza Blanco. Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla.
A asistencia é libre e gratuíta. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través da ligazón dispoñible neste enlace.