VIII Seminar Day no CISPAC: Desenvolvemento rural sostible

O CISPAC organiza unha nova edición do Seminar Day nas súas instalacións, unha oportunidade para difundir os avances máis recentes de proxectos de investigación. O encontro terá como obxectivo principal a presentación dos resultados dos proxectos SHERPA e ESMAART, nos que participan investigadores de diferentes universidades e centros de investigación.

Entre os relatores estarán Edelmiro López Iglesias, investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do CISPAC; Jorge Rodríguez Álvarez, profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña; Mar Pérez Fra, tamén da USC e pertencente ao grupo EcoAgraSoc; e David Peón Pose, da UdC e membro do CISPAC. Cada un deles compartirá os avances dos seus respectivos estudos, promovendo o intercambio de ideas e o debate científico entre os participantes.

Este Seminar Day terá lugar o 21 de novembro, ás 11 horas, no CISPAC.

Máis información