Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia

O seminario “Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia” terá lugar o 8 de Novembro na EGAP en Santiago e estará aberto ao público baixo previa inscrición.

Responsables de entidades do Terceiro Sector presentarán o “VIII Informe situación 2024: Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia”. Analizando algunhas das casuísticas máis agravantes do acceso a unha vivenda e cun seguimento das medidas postas en marcha.

Contará con dúas mesas de diálogo nas que se porán en común boas prácticas a nivel municipal e autonómico e se identificarán grandes retos para avanzar no acceso á vivenda.

Máis información e inscrición