Xentes, espazos e lugares: Olladas sobre o territorio que habitamos

Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida.

Organizado polo Colexio oficial de arquitectos de Galicia, dentro do convenio do ProxectoTerra coa Xunta de Galicia, estas xornadas buscan ser un punto de encontro e reflexión no que podan estar presentes todas as persoas que teña algo que dicir sobre a complexidade do habitar no presente e no noso país.

Na xornada do 14 de novembro en Lugo participa a profesora da Escola Luz Paz e modera o profesor Enrique Seoane, e a xornada do 21 de novembro en Pontevedra estará moderada polo profesor Fernando Agrasar.

Máis información