Xornada para a reparación de valados de pedra seca no Monte da Fraga

O mércores 6 de novembro, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza unha xornada no Monte da Fraga para restaurar un elemento singular do patrimonio cultural e ambiental galego como son os valados en pedra seca. Característicos da paisaxe e pezas da tradición, os valados teñen unha grande importancia na conservación da biodiversidade e a preservación do medio natural ligado aos agrosistemas.

Os valados de pedra seca son un exemplo excepcional dunha relación equilibrada entre o ser humano e a natureza, ademais de ter un papel esencial na prevención de escorrentías de terras, inundacións, avalanchas ou no deterioro e erosión do solo. Tamén funcionan como cortaventos e refuxios de especies animais de vertebrados e invertebrados, algúns en situación de vulnerabilidade, e doutros organismos naturais como liques, fungos, fentos, e brións que teñen unha importante función ecolóxica.

Máis información e inscrición