O próximo mércores, 23 de outubro, dentro do EspazoETSAC, terá lugar a Xornada sobre Pizarra organizada polo Cluster da Pizarra de Galicia. Iniciará a Xornada o presidente do Cluster, Victor Miguel Cobo Arias coa ponencia “Características técnicas da Pizarra” e continuarán os docentes da ETSAC Zaida García e Carlos Quintáns coa ponencia “Extracción (Unha mirada desde a pizarra)”.
Será no salón de actos da ETSAC, ás 13 horas.