O vindeiro martes 22 de outubro ás 20 horas terá lugar na Real Academia Galega de Belas Artes a conferencia “A Coruña na II República. Racionalismo en expansión” na que o doutor arquitecto e catedrático xubilado da ETSAC José Ramón Soraluce Blond disertará sobre a construción de vivendas obreiras promulgadas durante as leis da II República. A Coruña foi, entre as cidades españolas, unha das que tramitou máis expedientes de construcións de renda limitada. A sublevación militar de 1936 só supuxo unha curta paréntese na construción destas vivendas de estilo racionalista, cuxo arraigamento foi tal que se prolongou durante as dúas décadas seguintes en que se formaron os barrios periféricos da cidade.
Conferencia de José Ramón Soraluce na Academia Galega de Belas Artes
Publicado en: principal
– 20 Outubro, 2024