O Foro e Intercambio de Experiencias sobre Dereito á Cidade #forodac terá lugar en diversos espazos académicos e cidadáns das cidades de València e Barcelona, entre o 24 e 30 de outubro próximos.
Este foro de intercambio de experiencias sur-norte segue a outro anterior celebrado en maio pasado na Universidade Eduardo Mondlane de Maputo (Mozambique).
O dereito á cidade é un asunto universal, sempre de actualidade. Hoxe, cando detectamos que os espazos de vida deixan de estar pensados para quen os habita reivindicamos territorios que poñan as necesidades de tódalas persoas no centro. O dereito á cidade é un dereito individual que se exerce colectivamente.
A ETSAC está presente na organización deste Foro a través do seu profesor Plácido Lizancos.