O vindeiro venres 18 de outubro, ás 10h no Salón de Actos da ETSAC, a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade da Coruña impartirá unhas charlas informativas sobre as posibilidades que tedes para facer unha mobilidade internacional por razón de estudos ou de prácticas. Nestas charlas abordaranse aspectos relativos á financiación e aos requisitos que hai que cumprir para poder participar nos seguintes tipos de mobilidade:
-Mobilidade Erasmus+ (SMS) e Bilateral por razón de estudos.
-Mobilidade Erasmus+ de curta duración.
-Mobilidade Erasmus+ Prácticas.
Non perdades a oportunidade de coñecer as opcións que tendes para ter unha experiencia internacional durante os vosos estudos universitarios.