Dixital ETSAC ofrece unha serie de cursos de formación orientados á capacitación básica do alumnado vinculado á ETSAC no manexo de tecnoloxías dixitais relacionadas co Deseño Asistido por computador e a Fabricación Dixital mediante o uso das ferramentas de control numérico dispoñibles en O Fab da ETSAC.
Os cursos terán unha duración de tres horas, estableceuse un número de participantes mínimo de 5 e máximo de 30 para cada curso. Impártense en modalidade presencial, serán gravados e poñeranse posteriormente ao dispor da comunidade da ETSAC. Serán impartidos polo profesor José A. Vázquez coa colaboración de Miguel Bujía, responsables de Dixital ETSAC.