Exposición Fío do Norte en Normal

O xoves 17 de outubro, ás 19.30 h. inaugúrase en @istoenormal a exposición FÍO DO NORTE, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos. Esta exposición reúne visións de diversos artistas que exploran a linguaxe do territorio denominado noroeste ibérico, a súa sensorialidade, o animismo da paisaxe e as múltiples mitoloxías individuais e colectivas.

António Ramalho, Cem Raios T’abram, Luís Seoane e Federico García Lorca, Jorge Barbi, Daniel Moreira e Rita Castro Neves, Lara e Noa Castro Lema, Laure Mojo, Laxeiro, Mariana Barrote, Mariana Caló e Francisco Queimadela, Maruja Mallo, Carla Andrade, NEG (Nova Escultura Galega) Salvador Cidrás e Vicente Blanco.

Na inauguración, Carme López ofrecerá unha intervención sonora en directo.

Máis información