Premio premio “Belén Gesto Barroso” ó TFM de Sonia Rodríguez Beltrán

Sonia Rodríguez Beltrán, titulada do Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (MURA), recibiu o premio ‘Belén Gesto Barroso’ ao mellor TFM en materia de Hábitat e Cooperación ao Desenvolvemento.

O traballo, titulado Estratexias de base apropiables para a rehabilitación do hábitat autoproducido: o caso do barrio George Dimitrov en Mozambique, foi titorizado polos profesores Plácido Lizancos e Luz Paz.

Trátase da primeira edición do premio que é outorgado por Arcadia VI, Congreso de Arquitectura e Cooperación ao Desenvolvemento, e se pode consultar no repositorio da Universidade da Coruña.