Xornada de apoio a actividade profesional e visita ó Pazo de Arenaza

A Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e o Pazo De Arenaza organizan unha xornada, o venres 11 de outubro, a partir das 12 horas, dirixida á arquitectos/as e estudantes na que se visitará a rehabilitación do Pazo de Arenaza para destinalo a coworking especializado en arquitectura, ademáis de recoller as necesidades relacionadas coa dispoñibilidade de espazos de traballo para a profesión e explicar o apoio que ofrece a Deputación da Coruña.

Esta xornada forma parte do programa da Semana da Arquitectura da Coruña.