Semana da Arquitectura da Coruña 2024

A Semana da Arquitectura da Coruña 2024 celebrarase na cidade do 7 ao 13 de outubro. O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, presentou esta mañá a programación desta quinta edición xunto ao director da Escola e a presidenta da Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Ruth Varela.

Nesta edición o programa xirará en torno á arquitectura vertical da cidade,e inclúe visitas á Torre de Hércules, ó Banco Pastor, a Torre de Control Marítimo e unha ruta polas torres da contorna de Juan Flórez guiada por estudantes da Escola. A exposición ‘As torres coruñesas. Exposición de traballos de Historia da Arquitectura’, realizada polo alumnado de Historia da Arquitectura 2 durante o curso 2023-2024 instalarase desde o luns 7 ás 19.00 horas na sala de exposicións de María Pita.

A programación tamén inclúe coloquios e conferencias de grande interese como as de José Antonio Franco Taboada, arquitecto da Torre Hercón, entre outros proxectos, Juan Pérez Valcárcel, catedrático de Estruturas da UDC, a Xornada de apoio á práctica profesional e visita ó Pazo de Arenaza, o venres 11 ás 12 horas, ou a mesa redonda ‘Altura de miras. Debate sobre os modelos de cidade’ sobre modelos de crecemento, na que participarán Teresa Táboas, Sonia Puente, Luciano Alfaya ou Jesús Conde, que terá lugar o venres 11 ás 18.00 na delegación do COAG

A inscrición ás actividades debe facerse no correo semanadaarquitectura2024@coruna.gal.

Máis información

Descargar programa