Laboratorio da Paisaxe 2024: Serra do Suído

Laboratorio da Paisaxe é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención no territorio que se desenvolve na área paisaxística das Rías Baixas; un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego. Nace do cruzamento entre distintas disciplinas coas comunidades locais que habitan os territorios das Rías Baixas e o seu patrimonio natural e cultural. Entre as súas intencións atópase a creación de comunidade a través de procesos culturais vencellados á intervención dende diferentes disciplinas na paisaxe.

Hai bolsas completa de matrícula con aloxamento e manutención para estudantes co que a incrición sería gratuíta para eles. Para optar a esta bolsa as persoas interesadas deben enviar ao enderezo labpaisaxe@gmail.com : Carta de motivación + copia da matrícula en estudos oficiais: FP, Grao, Mestrado ou Doutorado.

Máis información en inscrición