Presentación e coloquio Mostra Nova Arquitectura Galega

O mércores 2 de outubro vaise inaugurar na Escola a primeira itinerancia da mostra Nova Arquitectura Galega, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

No EspazoETSAC terá lugar un coloquio/presentación informal das persoas seleccionadas na mostra.

Será no salón de actos da Escola, ás 13 horas.