Taller de cine con Alfonso Zarauza na delegación da Coruña do COAG

As necesidades audiovisuais dos estudios de arquitectura son cada vez maiores e, á súa vez, os arquitectos/as teñen cada vez máis presenza en proxectos artísticos ou expresións culturais colectivas relacionadas coa imaxe en movemento, en Plataformas e Festivais, así como no cine.

Da mesma maneira, tampouco se pode pasar por alto a potencia narrativa da arquitectura, a influencia da produción cinematográfica na carreira de moitos arquitectos/as, a importancia da arquitectura no proceso de creación dunha peza audiovisual, así como as posibilidades que os distintos formatos audiovisuais poden ofrecer para mellorar a cultura arquitectónica da sociedade, ou para comunicar os proxectos de arquitectura.

A delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza, o venres 4 de outubro, de 17 a 21.30 horas, un taller de cine dirixido por Alfonso Zarauza, unha oportunidade única para compartir o proceso creativo dun director de cine galego diante de tres retos que poden ser afrontados dunha maneira moi singular:

  • Filmar unha cidade
  • Filmar unha paisaxe
  • Filmar a construción dunha obra.

Máis información