A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia organiza o 24 de setembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura un obradoiro de traballo no que van participar expertos en investigación en conservación do patrimonio cultural no marco do Plan Nacional de Investigación en Conservación (PNIC) xestionado polo Instituto de Conservación do Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura.
Neste encontro participan expertos das universidades, da administración e eidos profesionais relacionados coa investigación na conservación do patrimonio cultural a proposta das responsables do PNIC e do TecnoHeritage, que vai celebrar o seu congreso anual en Santiago entre o 25 e 27 de setembro.