O MUA en Pontevedra

O mércores, 18 de setembro, o profesorado e o estudantado do Máster Universitario en Arquitectura viaxaron a Pontevedra para visitar os emprazamentos de traballo do curso 2024/25, acompañados por Xaquín Moreda, edil do Concello de Pontevedra. O percorrido tivo lugar pola senda peonil do río Tomeza, os núcleo de Lusquiños e O Marco, e rematou na Misión Biolóxica de Galicia, lugares de análise e traballo dos tres talleres do MUA.