A empresa Imasgal oferta o curso Archicad: Modelado e representación arquitectónica destinado ó estudantado de segundo e terceiro curso do Grao en Estudos de Arquitectura.
Impartirase no mes de outubro de modo presencial, cunha duración estimada de 60 horas (20 h de clases + 10 h de titorías).
Este curso está deseñado para estudantes de arquitectura que desexen atopar unha ferramenta que lles permita aplicar os seus coñecementos utilizando sistemas construtivos reais, nunha contorna única e organizada para cada un dos seus proxectos, aforrando moitas horas de traballo. Ao finalizar o curso, poderás xerar toda a documentación necesaria para xerar entregas ata un nivel de Proxecto Básico, utilizando para iso un único modelo e unha única aplicación que che permitirá crear vistas e maquetar planos que poderás publicar sen necesidade de retoques adicionais.