A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza o venres, día 20 de setembro, ás 19 horas, o roteiro “O xardín da literatura e o mar” polos xardíns de Méndez Núñez guiado por Carmela Galego.
De titularidade municipal, ou de asociacións vinculadas ao concello, A Coruña chegou a ter até tres espazos dedicados á lectura nesta zona privilexiada da cidade. Paisaxe, vexetación, mar, vangarda social e arquitectónica. A literatura pasa aquí a formar parte dun goce sensorial para todos os públicos. Neste venres de setembro xuntaremonos no xardín para lembrar estas bibliotecas, explorar cambios e permanencias. Desfrutar das palabras expertas de Fernando Agrasar —arquitecto e profesor da Escola— e Mila García —directora da biblioteca de Estudos Locais— para rematar cunha colaboración especial da actriz Isa Risco.