Día Mundial da Construcción Sostible: Homenaxe ó Centro de Día en Leiro

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia homenaxeará o 23 de setembro, con motivo do Día Mundial da Construción Sostible, o Centro de Día de Maiores, de Leiro, obra de Müller Feijoo Arquitectos e José Jaime Vázquez. Farao nun acto simbólico ao que acudirán os arquitectos, o presidente do CMD, José Manuel Iglesias; a presidenta da Delegación de Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Emma Noriega; e o alcalde do concello de Leiro, Francisco José Fernández. Ao termo do acto institucional, realizarase unha visita guiada polos propios arquitectos, para explicar as particularidades do proxecto.

Máis información