VII Fórum Ibérico de la Cal en Santiago de Compostela

O Fórum Ibérico de la Cal (FICAL_VII) terá lugar en Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro de 2024, na Fundación Laboral da Construción.

O Fórum Ibérico de la Cal (FICAL) é unha asociación científico-técnica, sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo é o desenvolvemento da investigación, a formación e a difusión do uso do cal na construción.

O obxectivo desta sétima edición (FICAL_VII), ademais de mostrar, do mesmo xeito que nas anteriores xornadas, as novidades e avances obtidos no mundo do cal, é contribuír á recuperación do oficio tradicional do cal que durante séculos foi recollendo o saber facer de innumerables xeracións e que hoxe en día se atopa en perigo de desaparición, especialmente en Galicia. Para iso, o programa inclúe, ademais de relatorios científicos e de boas prácticas da utilización do cal, tres días de talleres de diferentes técnicas construtivas con cal.

As xornadas previstas desenvolveranse do 23 ao 28 de setembro de 2024. Do 23 ao 25 de setembro terán lugar cursos de técnicas construtivas con cal, impartidos por mestres artesáns e empresas. Os días 26 e 27 de setembro terá lugar o congreso e o día 28 de setembro unha visita técnica ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Máis información e inscricións