WRLDCTY + The Bay Awards en Bilbao

O evento WRLDCTY + The Bay Awards é un congreso internacional sobre innovación e estratexia urbana que terá lugar no Palacio Euskalduna de Bilbao os próximos días 9 e 10 de outubro. O día 9, tras a apertura institucional, haberá varios relatorios de expertos internacionais, xunto con 5 sesións de debate cos proxectos finalistas a The Bay Awards. Estes premios son unha iniciativa impulsada pola Asociación Bilbao Metropoli 30, para compartir e visibilizar boas prácticas e proxectos de todo o mundo en 5 categorías. Podedes botar unha ollada ás categorías e os proxectos finalistas na web www.thebayawards.com

O día 10 de outubro, o congreso contará igualmente con relatorios e mesas redondas sobre distintas temáticas relacionadas co desenvolvemento urbano. O evento celebrarase en inglés, pero haberá tradución simultánea.

Máis información